Este ano o Concello de Ourense completa a programación da Festa dos Maios con diversas actividades culturais para a ponte festiva.

 

O vindeiro xoves remata o prazo para inscrición no concurso de Maios e Coplas deste 2015, unha edición na que a Concellería de Cultura completa a programación desta festa tradicional con varias actividades. Entre elas destacan os concertos do XIX Festival de Jazz de Primavera Abe Rábade trío & Real Filharmonía de Galicia, que será o venres no Auditorio Municipal, e Carles Benavent trío + Antonio Serrano e Raynald Colom, o sábado na Praza de Santa Eufemia.

A maiores o mesmo sábado terá lugar un concerto, do coro Aires da Terra: o legado de Feijoo, en homenaxe a don Perfecto Feijoo, un dos pais dos coros galegos. Será no Liceo ás 20 h.

Finalmente o domingo será o festexo dos Maios na Alameda do Concello. A partir das 12 h comezarán as actividades co protagonismo da exposición da creacións que participen no concurso.  Ás 13 horas haberá conceto da Banda Municipal de Música, e de 12 a 16 horas, sesión vermú con petiscos. Xa pola tarde, ás 16.30 horas organizaranse xogos populares e ás 18:30 horas entregaranse os premios ás coplas e maios gañadores e cantaranse as coplas finalistas.