A moción, que se debatirá no pleno do 4 de maio, esixe á Consellería de Sanidade «que garanta a permanencia do centro de saúde de Barbadás».

O grupo municipal socialista de Barbadás xa alertara da situación da sanidade pública neste municipio, cualificándoa de «absolutamente terceiromundista». En referencia ao centro de saúde situado no núcleo de Barbadás, que atende preto de 500 usuarios, os socialistas presentaran unha serie de preguntas no Concello, ante a marcha de Freire Couto, alcalde da vila e médico que atendía o ambulatorio, ao centro de saúde de San Cibrao.
«Transcorridos 14 días (desde que fixeron as preguntas) o Sr. Alcalde aínda non contestou e o PP de Barbadás segue calado diante das insistentes preguntas formuladas polos colectivos veciñais e os propios veciños e veciñas», indican os socialistas.Por estes motivos o PSOE quere que tanto o rexedor como a Consellería de Sanidade aclaren as previsións que hai sobre o futuro do centro de saúde de Barbadás unha vez que funcione o novo centro de saúde da Valenzá, e reclaman nunha moción que a Connsellería garanta a permanencia deste centro médico.