A subvención autonómica permite a contratación temporal de persoas en risco de exclusión.

 

Dende este 29 de abril 40 persoas beneficiarias da Renda de Inclusión Social de Galicia, (RISGA) traballan no Concello de Ourense, gracias á subvención outorgada ao Concello de Ourense para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social, perceptoras dunha renda social.

A subvención está cofinanciada nun 80%, polo Fondo Social Europeo, para a adaptabilidade e emprego, cun importe total para a cidade de Ourense, de 280.404,60 euros. Gracias aos esforzos da Concellería de Benestar Social, a Xunta de Galicia duplicou a axuda inicial concedida á cidade pasando de 20 a 40 as persoas contratadas que se beneficiarán da subvención.

Os 40 traballadores terán un contrato laboral de 7 meses de duración e traballarán nunha xornada ao 75% (5 horas e media). Nove las serán auxiliares administrativos, un albanel, dous xardiñeiros, tres electricistas, sete conserxes e 18 operarios.