Asentar poboación e xerar emprego son tamén obxectivos dos populares para o próximo mandato.

 

A candidatura do Partido Popular de Celanova, liderada polo actual alcalde José Luis Ferro, está formada por un «gran equipo, formado por xente nova, ben preparada e con moitas ganas de traballar por Celanova. Con este equipo humano sei que podemos ofrecer un gran proxecto de futuro para o noso Concello e levalo a cabo», tal e como explica o popular.

«Un proxecto que permitirá asentar poboación, xerar emprego e impulsar dun modo definitivo a Celanova como referente do turismo cultural, de forma que a nosa tradición comercial volva revivir con forza ó seu amparo e se convirta de novo no noso principal modo de vida, tendo en conta que a Autovía AG-31 nos puxo un pouco máis cerca do resto do mundo», sinala Ferro.

«Certifico así o meu compromiso persoal e o de tódolos meus compañeiros, cos veciños e veciñas que viven, ademais de na vila, en tódalas as aldeas do Concello. E fágoo, tamén, porque sempre terán un oco do meu tempo para escoitar os seus problemas e para explicarlles todos e cada un dos proxectos que agora anunciamos a través de tres eixos: un Concello cultural, un Concello ecolóxico e un Concello para vivir», proclama o candidato popular.

A lista completa
Xunto a Ferro, tamén están na lista do PP de Celanova Máximo Losada, Julio Mosquera, María del Pilar Regueiro, Ana Fernández, Sonia Opazo, Rubén Vieira, José Manuel Vieites, María Ángeles Álvarez, Abrahan Vázquez, Susana Diz, María Alejandra Sousa e Miguel Ángel Domínguez, cos postos desde o 2 ao 12, respectivamente.

Como supelentes, figuran Faustino López, Lucas Sierra, Laura Vázquez, María Teresa Esperanza, José Conde, Ramón Iglesias, Noelia Vázquez, Noelia Senaz, Miguel Magariños e Maximino Rodríguez.