A Unión Deportiva Ourense afronta en tres días dous partidos para saber as súas posibilidades de disputar a final da Copa Deputación B e de se rematan a Liga con pleno de vitorias.

O venres 1 disputará en A Queixeira (Arnoia) o primeiro partido da semifinal da Copa Deputación. O encontro dará comezo ás 17.15 horas.

Os de Antonio Dacosta teñen en mente neste tramo final de tempada poder disputala final copeira no primeiro ano de historia do club. O Arnoia é cuarto do grupo noveno da Segunda Autonómica. O partido de volta terá lugar no estadio do Couto o domingo 24 de maio.

Liga
Dous partidos restan para rematar a Liga na Terceira Autonómica -grupo 13- para a Unión Deportiva Ourense. Con 25 partidos disputados, os de Antonio Dacosta só coñecen a vitoria.

O obxectivo é manter o pleno de vitorias ata final de tempada e emular ao desaparecido CD Ourense da tempada 1967-1968.

O deste domingo é sen lugar a dúbidas o partido máis complicado dos capitalinos, xa que se enfrontan ao Palmés. O rival é segundo na Liga é xa ten o ascenso á Segunda Autonómica no peto desde fai semanas.

O desgaste do partido de Copa pode pasar factura a unha Unión que deberá xestionar ben os minutos dos seus xogadores nestes dous partidos.

Fichaxes
A UD Ourense comeza a mover ficha de cara a próxima tempada. Dacosta terá ao seu mando tres xogadores do Pabellón de División de Honra: o central Julio, o dianteiro Jorge e o lateral Otero. Os tres foron pezas chave para a tempada do Pabellón, que rematou a Liga na sétima posición.

Savia nova para un proxecto que ten que está na obriga de ascender ano a ano de categoría. Haberá máis fichaxes, o mesmo que algún dos xogadores actuais deixarán o equipo ao final de tempada.