O cabeza de lista popular, Mario Rodríguez, fixa a posta en valor dos recursos de Esgos, coa Ribeira Sacra como máximo exponente, como «factor fundamental para o desenvolvemento da nosa economía local».

 

O Partido Popular de Esgos presenta unha candidatura «preparada para continuar mellorando o municipio cun goberno estable, sólido e próximo aos veciños». O candidato, Mario Rodríguez, asegura que «queremos continuar traballando a prol deste municipio, acadando melloras que redunden na calidade de vida dos veciños, onde se asenten empresas e onde a posta en valor dos nosos recursos, coa Ribeira Sacra como máximo exponente, sexan un factor fundamental para a nosa economía local», dixo o candidato á alcaldía.

O PP goberna en Esgos sen oposición. «Foi un inmenso orgullo saber que o PP era a única forza que mereceu a confianza e o apoio dos nosos veciños», recalca Rodríguez.

Pola súa banda, o presidente provincial, candidato á presidencia da Deputación de Ourense e número 2 da candidatura popular en Esgos, Manuel Baltar, deixa claro que «cando a xente de Esgos decide, que é cada catro anos, elixe PP e nunca se equivoca «.

A lista completa
Ademais de Rodríguez e Baltar, tamén forman parta da lista do PP en Esgos José Antonio Blanco, Milagros Pérez, Rosa María Pato, Manuel Cid, Camilo José Rodríguez, Jorge Pardo e Manuel Fariñas, cos postos do 3 ao 9, respectivamente.

Como suplentes figuran Manuel Blanco, Juan Carlos Rico, Miguel Ángel Gómez, Antonio Javier Lozano, Amaro González, Lorena Rodríguez, Manuel Antonio Bouzas, Nerea Soto e María José Álvarez.