A Concellería de Comercio colabora nesta actividade, organizada polo Polígono Virtual de Galicia e que contará con premios valorados en 1.500 euros.

 

O Polígono Virtual de Galicia organiza, coa colaboración da Concellería de Comercio do Concello de Ourense, os concellos de Amoeiro e Ribadavia e a Asociación Galega de Empresas, Comercios e Autónomos (AGAECA), o “Tesouro dos Ogmios”, que terá lugar este sábado 2 de maio nas rúas da cidade. O evento pretende fomentar a competitividade, baseada no coñecemento do entorno e da historia, xunto coas antigas artes do comercio.

A saída será maio na Praza Maior. Os concursantes poderán participar en solitario, por parella ou por grupos, e descubrir as pistas que os levarán aos premios ocultos na cidade. O custe de inscrición é de 5 euros por persoa, -nenos gratis acompañados dun adulto e menores de 18 anos con autorización paterna-. Un euro de cada inscrición será destinado á Asociación Diabética Auria.

Inscrición e premios
As persoas que desexen participar poden anotarse ata o propio día do xogo no Polígono Virtual de Galicia ( Avenida de Pontevedra, 13 1ºA) ou no Centro Comercial Pontevella. Máis información, no teléfono 988989758 ou eventos@pvgalicia.com.

O premio final é un lote de aportacións de empresas e comercios valorado nuns 1.500 euros, entre os que se atopan productos gourmet, estancias en balnearios, vales de compra ou degustacións en restaurantes.