No Centro de Atención e Información do INSS na súa sede da rúa Eduardo Barreiros.

 

A Dirección Provincial do INSS organiza os días 6, 7 e 8 de maio, as Xornadas informativas internacionais en materia de pensións na súa X Edición.

As xornadas diríxense a persoas que exerceron a actividade laboral en Alemaña ou Suíza, e tamén aos seus familiares, sexan na actualidade traballadores ou pensionistas.

Comenzarán ás 18:00 horas do mércores 6 de maio cunha charla aberta ao público sobre “O Sistema da Seguridade Social en Alemaña” no paraninfo do IES Otero Pedrayo, na rúa Padre Feijoo,11, que será presentada por a directora provincial do INSS, Dña. Tania Lamas Pérez e impartida por funcionarios do organismo alemán de pensións “Deutsche Renteversicherung”, e que constitúe a principal novidade para este ano.

Durante os seguintes días 7 e 8 de maio realizaranse, na sede do Centro de Atención e Información do INSS (CAISS), os asesoramentos sobre a lexislación internacional a aquelas persoas que solicitaron “cita previa” para acudir as xornadas, con información especializada sobre futuros dereitos a pensións, o que permite a preparación de futuros expedientes a xestionar polos organismos internacionais.

Nas edicións anteriores estas xornadas informativas desenvolvéronse cunha alta participación dos cidadáns e cun alto grao de satisfacción da información recibida.