Freire Couto anunciou, seis anos atrás, esta mellora calificándoa como “prioritaria”, pero non chegou a levarse a cabo.

“Seis anos despois de que o director xeral de Deportes da Xunta anunciara que se ían ampliar as piscinas de Barbadás, o PP apoia unha proposta socialista na que se insiste precisamente nese incumprimento”, explicou o voceiro do PSOE, Xosé Carlos Valcárcel, tralo pleno deste 4 de maio.

Valcárcel acusou ó alcalde de enganar á opinión pública “porque a veciñanza de Barbadás leva 6 anos esperando que se cumpra o anunciado por vostedes (en alusión a Freire Couto, o actual presidente da Deputación e o Director Xeral para o Deporte)”. Asegurou falar de engano “porque cando fixeron o anuncio non existía o compromiso en firme da Xunta. E falo de engano porque cando debatemos sobre o plan de urbanismo tampouco quedou claro cómo se ía solucionar o tema das piscinas”.

Freire dixo que na adaptación do plan de urbanismo que se está efectuando xa está reservado un terreo para a ampliación das piscinas, motivo polo que o PP apoiou agora a moción do grupo socialista.

Ambulatorio de Barbadás
No transcurso do mesmo pleno debatéronse dúas mocións similares en torno a posible previsión do Sergas de pechar o ambulatorio de Barbadás pobo.

O líder socialista falou da alerta creada entre a veciñanza de Barbadás, Loiro, Bentraces e Sobrado debido á ausencia de pronunciamento do PP e da Consellería de Sanidade sobre o futuro do centro. E reprochou que o alcalde tardara 15 días en responder.

Valcárcel tamén critou a resposta do rexedor de que “nós non somos a consellería” como mostra de “desidia e un desinterese que raian no desprezo”. Ademais, pediu explicacións de por que os usuarios da Valenzá non se poden trasladar a ese centro, algo que ao alcalde “non lle consta”, mentres que a candidata popular á alcaldía, Consuelo Vispo, explicou este feito como froito dun problema informático.

Quixo saber ademais se podería estar en perigo a perda da subvención da Unión Europea para construir o novo centro de saúde da Valenzá, posto que tería que estar rematado a finais de 2015 e aínda non foi licitado. A resposta de Freire foi escueta e imprecisa: “entendo que non”.

Suplemento de crédito

Aprobouse tamén cos votos do PP un suplemento de crédito de 900.758 euros para inversións financieiramente sostibles, destinadas a obras en parques, no tramo de estrada entre A Valenzá e Barbadás e arranxo de varios camiños.

Neste senso, Valcárcel foi crítico co feito de que estes investimentos non contemplen gasto social e que haxa unha ausencia de transparencia, aludindo en concreto ao recenté proceso de adxudicación de obras polo procedemento negociado sen publicidade a unha empresa vencellada aoi extenente alcalde de Vilamarín, polo que prevé que as novas obras sexan adxudicadas á empresa Estradas Galegas S.L.

Melloras en Piñor

No pleno abordouse tamén unha proposta socialista para solventar 20 carencias na parroquia de Piñor (Parada, Piñor e Santa Uxía).

A concelleira Victoria Morenza destacou que “nos casos de Parada e Piñor é preciso habilitar unha zona wifi nos centros sociais suporía un paso máis na modernización das instalación e facilitaría o acceso de xente moza a estes lugares”.

Varios puntos da proposta do PSdeG están vinculados á seguridade viaria e á mobilidade, como o repintado do paso de peóns que se borrou cas obras realizadas na estrada de Toén, a retirada da marquesiña no cruce de Parada, supervisión dos pasos elevados da travesía de Parada, ou a prohibición de paso a vehículos pesados entre Piñor e Vista Hermosa por Barxa.

Así mesmo, dende o PSOE tamén reclaman a coloación de bustos de Antón Faílde e Carmen Martín Gaite, pór o nome da escritora ao centro social, que se valle a zona de xogos do Campo de Roma ou de que se instalen reductores de velocidade. Ademais, mesmo, insisten en que “os veciños de Parada non perderon a esperanza de que se busque unha solución ó Camiño da Chouciña”.

Pero o PP votou en contra da proposta porque asegura ter “a súa propia programación”.