Todas as actividades son gratuítas e de libre acceso, salvo o teatro, a visita turística e a comida do 14 de maio na Carballeira de Santa Cruz.

 

 

Todas as persoas maiores interesadas en participar nas actividades da VIII Semana dos Maiores que organiza a Concellería de Benestar Social poden formalizar as súas reservas e solicitar as invitacións para as actividades que así o requiren.

Nesta edición, que se celebrará entre o 11 e o 15 de maio, manteranse as principais actividades de anteriores anos, como tai chi, cachibol, corais, teatro, comida, e a visita turístico cultural, que esta edición será á costa da Morte-Fisterra, con 300 prazas.

Todas as actividades serán gratuítas e sen necesidades de reserva, a excepción das obras de teatro e a visita turística -requiren invitación-, e a comida -require reserva previa-. Estes trámites poden formalizarse nas oficinas de Benestar Social, na rúa Bispo Carrascosa, 8. As invitacións para o teatro serán de catro por persoa como máximo, e a visita turística dúas. No que respecta á comida no Restaurante A Carballeira de Santa Cruz prevista para o xoves 14, as persoas que desexen asistir deberán facer a súa reserva, aboando o menú (13 euros) no restaurante o día da comida.