Entre os imputados, o actual alcalde, Agustín Fernández, e o candidato socialista á alcaldía, José Ángel Vázquez Barquero.

 

Un xuíz vén de imputar ao candidato socialista á alcaldía de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero, por un posible delito de prevaricación na designación como directora xeral de Persoal de Carmen Rodríguez Dacosta, número 2 da lista socialista, a raíz dunha denuncia do sindicato USO.

Xunto a Barquero terán que declarar con avogado o resto dos membros da Xunta de Goberno local que en xuño de 2013 acordou o nomeamento de Dacosta: o actual rexedor, Agustín Fernández, a tenente de alcalde, Marga Martín, a edil de Cultura e Educación, Ana Garrido e os ex concelleiros Áurea Soto e José Carlos Martínez-Pedrayo. As declaracións serán no mes de xuño, pasadas as eleccións municipais.

A incógnita é saber agora que decisión tomará Barquero sobre o seu futuro, logo de ter manifestado nalgunha ocasión que dimitiría se chegaba a ser imputado.