O deputado popular busca así mellorar o acceso ao mercado laboral dos mozos de Valdeorras.

 

O deputado do PPdeG Moisés Blanco mantivo unha reunión co conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, na que lle solicitou a inclusión do IES Lauro Olmo na Rede de viveiros de empresas de Galicia, como medida de impulso para á formación e ao acceso o mercado laboral dos mozos da comarca de Valdeorras.

Esta inclusión, segundo o deputado popular, ten por obxectivo promover a empregabilidade dos máis novos da zona, “facilitando
que os alumnos dos ciclos formativos compaxinen o seus estudos coa actividade profesional propia da empresa nunha situación real, o que contribúe á preparación dos estudantes para a súa entrada no mercado laboral”.

Segundo Blanco, o conselleiro de Educación amosou unha clara disposición da Xunta na súa aposta pola implantación de proxectos de Formación Profesional Dual na zona de Valdeorras, sempre que existan empresas dispostas a participar.

“Sería unha forma de fomentar o espírito emprendedor na nosa zona, favorecendo a creación de empresas e, sobre todo, en prol da empregabilidade dos máis novos coa idea que é posible vivir e crecer no Barco de Valdeorras e ter oportunidades para desenrolar a súa labor profesional” indicou o deputado popular.

Moisés Blanco sinalou así mesmo que a implantación do sistema dual na Formación Profesional “é unha forma de fortalecer o noso sistema produtivo específico formando a traballadores especializados, o que contribuirá decididamente a apostar polos sectores da nosa comarca”.