Os nacionalistas apostan por “un urbanismo social destinado ás persoas”.

O BNG-Asembleas Abertas vén de comprometerse a desenvovler na Finca Santamariña, “icono da especulación urbanística do Partido Popular”, segundo os nacionalistas, o gran parque da cidade e unha equipación deportiva que o BNG xa deixou avanzada cando tivo responsbilidades de goberno na área de deportes.

Xosé Luis Seara, candiato do BNG-Asembleas Abertas lembrou o dobre prexuizo que as actuacións dos presidentes da Deputación ocasionaron a esta cidade “a primeira vez cando Baltar Pumar vendeu a finca á Inmobiliaria Flager pola metade do seu prezo no mercado e a segunda cando Baltar Blanco pediu a tasación das 4 parcelas que Urbaourense ten na Finca Santamariña porque precisa cartos para pagar as irregularidades na xestión de fondos europeos”.

“Os proxectos do PP en materia de urbanismo dan medo, asegura a candidata á alcaldía Susana García.

O BNG-Asembleas Abertas teno claro, desenvolverá “un urbanismo social destinado ás persoas. Neste senso, é imprescindíbel aprobar o PXOM pero non a calquera prezo”, di García. Os nacionalistas impulsarán a creación dunha mesa de traballo na que participen arquitectos, aparelladores e profesionais relacionados co urbanismo, así como os grupos políticos e colectivos sociais e veciñais.