Terá lguar este 8 de maio ás 18 horas.

Que pasaría se o lobo da carrapuchiña se fixese vexetariano? Que acontecería se a madrastra de Branca Neves se converterse nun dos tres porquiños por mirarse tanto no espello máxico? A resposta a estas e outras preguntas poderémolas descubrir no novo espectáculo para bibliotecas do Elefante Elegante, que chega agora á Casa da Cultura de Verín (se tivese lugar un acto electoral trasladaríase á biblioteca municipal), dentro do programa “Cultura no Camiño”, da Consellería de Educación, que conta coa colaboración co Concello de Verín.

Gonçalo Guerreiro mestura nos contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música. Un espectáculo interactivo, destinado a un máximo de 50 nenos socios da Biblioteca de Verín, con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, que deben acudir cun dos seus proxenitores ou familiar.

Para participar no contacontos é necesario inscribirse na Biblioteca ou no teléfono 988 41 36 24.