A candidata, Elvira Lama, asegura que “estou en política porque son unha veciña comprometida co meu pobo”.

 

Os socialistas de Xinzo presentaron unha candidatura renovada e xoven sen outra pretensión que o servizo aos veciños e o Concello de Xinzo.

Unha candidatura de 27 persoas “serias, profesionais, que teñen forza, ganas e ilusión por mudar un concello sumido na máis absoluta decadencia. Veciños de Xinzo comprometidos e honestos que queren dunha vez sentirse orgullosos do seu pobo”, aseguran.

Elvira Lama, a cabeza de lista, asegura que, “estou en política porque son unha veciña comprometida co meu pobo dende fai anos, acompañada por un grupo de persoas que están en política por convicción e non por conveniencia”. “Son xente honrada sen máis pretensión que a vocación pública, sen ningún outro transfundo, xente íntegra”, insiste.

Lama asegurou que “non é un momento fácil para dar un paso adiante en política, despois de falar con moitos veciños a maioría prefire manterse ao marxe e deixar que sexan outros os que fagan o traballo. Por iso síntome orgullosa de que me acompañen xente nova a que lle queda moita vida política por diante.”