Jesús Vázquez reunión co director de EAPN Galicia

O candidato popular comprométese a que todas as concellerías inclúan políticas de igualdade.

Jesús Vázquez destacou o compromiso do seu programa coa igualdade de xénero e anunciou algunhas medidas, entre as que figura “a promoción do emprendemento feminino, potenciando o desenvolvemento profesional e o empoderamento das mulleres emprendedoras en tódolos ámbitos da actividade económica”.

Para o candidato popular resulta esencial partir dun concepto de igualdade de xénero, polo que “todas as concellerías terán que incluir políticas de igualdade e transversalidade de xénero nos seus programas e nos seus presupostos, asunto sobre o que deberán aportar un informe específico ao respecto”.

A conciliación da vida laboral e familiar tamén é un elemnto que figura no programa do Partido Popular contemplando medidas que favorezan a corresponsabilidade de mulleres e homes. Para elo, buscarase a adaptación de horarios flexibles e racionais, programaranse actividades extraescolares e garderías en todos os barrios da cidade con horarios ampliados e programaranse actividades lúdicas en centros municipais nos periodos vacacionais.

A lacra da violencia de xénero tamén preocupa no Partido Popular, que propón a creación dunha Mesa Local de Coordinación sobre Violencia de Xénero para axilizar trámites administrativos, optimizar recursos e diminuir os riscos.

Contra a pobreza

O candidato popular e deputado autonómico, Jesús Vázquez, mantivo unha reunión en Santiago co director de EAPN Galicia – Rede Galega de loita contra a pobreza e a exclusión social, Xosé Cuns, e coa membro deste colectivo, Laura Segade. A esta reunión asistiron tamén as deputadas Marta Rodríguez-Vispo e Marta Rodríguez Arias. EAPN Galicia está formada por entidades representativas do Terceiro Sector de Acción Social galego, agrupando a 126 entidades de primeiro nivel a través dos seus 21 socios directos. En Ourense teñen presenza nesta rede entidades como Juan Soñador, IGAXES3, Caritas, FAGAL, FEGADACE, Autismo Galicia, Down Galicia, Fundación Meniños ou COGAMI.

Na reunión analizouse a campaña a nivel galego que está a desenvolver EAPN Galicia, , cun compromiso e loita contra unha pobreza e exclusión que afecta a 672.123 galegos e galegos e ao 23,2% da poboación de Ourense (a maior das 7 cidades galegas) sexa a principal prioridade no debate electoral. De feito, Jesús Vázquez explicoulle que precisamente esta loita é un dos piares do seu programa en materia de Benestar Social para a cidade de Ourense.