O domingo 10 de maio ás 21 horas, a Fundación Vicente Risco acolle na súa sede o único recital en Galicia de Claudio Pozzani.

 

Xenovés, nado en 1961, Claudio Pozzani é un poeta, músico, performer e novelista italiano de proxección internacional,
participando en festivais literarios e feiras do libro máis importantes de Europa, Asia, África e América.

Traducido a máis de dez idiomas, os seus textos aparecen en antoloxías e revistas literarias de ámbito internacional.

Como xestor cultural, Pozzani é dende 1983 fundador e director do “Circolo dei Viaggiatori nel tempo” unha plataforma dende a quetraballa como creador e organizador de numerosas manifestacións internacionais de poesía, tanto en Italia como noutros países.

Animal do escenario, poeta da voz e dotado dunha gran presenza escénica, Fernando Arrabal definiu a Pozzani como “mestre do invisíbel, instigador dos soños, ladrón do fogo: o seu corazón danza na alcoba festiva”.

O aforo é limitado.