Dentro do programa de Anova Ourense coas 60 medidas urxentes para transformar Ourense que presentou o seu andidato á alcaldía Lito Prado.

Anova cre «firmemente» na educación e prevención como ferramentas para artellar unha mocidade e sociedade «máis solidaria, xusta e creativa». Dentro da súa aposta polo benestar social, destacan as seguintes medidas que, «de implementarse, contribuirán sen dúbida a virvirmos nunca cidade máis humana e coherente».

En primeiro lugar,a creación da figura dos educadores de rúa, «que traballen ‘man a man’ cos centros educativos da cidade, para a prevención do consumo de alcol e tabaco, sexualidade, prevención de conductas violentas…» Ademais, a xuventude participará de xeito activo escollendo as actividades que desexe a través do Consello da Mocidade, xestionado polos educadores de rúa dentro da Casa da Mocidade

Por outro lado, Anova quere que Ourense forme parte da Asociación de Cidades Educadoras, «favorecendo deste xeito o día a día aos máis cativos/as da cidade, así como as persoas maoires e persoas con diversidade funcional.»  Algunhas das medidas a tomar nese sentido son a creación de novos pasos de peóns elevados, a redución do límite de velocidade, a creación de rutas escolares seguras, un «laboratorio dos nenos/as», e unha arquitectura global e para todos.

Desde Anova-Irmandade Nacionalista acreditan que «é posible implementar medidas facilitadoras para vivirmos nunha cidade máis humana e para todas e todos, só fai falla a vontade política que non houbo até o de agora porque outras forzas políticas non ven rentables as políticas sociais e de integración».