Jesús Vázquez

O candidato popular á alcaldía de Ourense comprométese a situar como prioridade a mellora nos servizos, intensificando a limpeza e a mellora das zonas verdes.

 

Jesús Vázquez manifesta o seu compromiso cos barrios de Ourense, “unha parte fundamental no noso modelo de cidade”.

Jesús Vázquez considera que tanto os barrios urbanos como os do perímetro rural deben contar co apoio decidido do Concello, co fin de mellorar os seus servizos municipais e, por ende, a calidade de vida dos seus veciños e veciñas. “Na nosa proposta de goberno, a mellora nos servizos dos barrios será unha prioridade, sobre todo no tocante á limpeza e o mantemento das zonas verdes”. Durante as visitas e reunión que está mantendo o candidato popular cos representantes veciñais de todos os barrios de Ourense, hai unha reivindicación común: “É significativo que todos os veciños que plantexan as súas reclamación sao vindeiro goberno de Ourense estean centradas nas deficiencias da limpeza e do mantemento das zonas verdes nos barrios. Unha cidade amable, saudable, accesible e cómoda como a que defende o Partido Popular debe velar polo benestar dos seus habitantes en todos e cada un dos seus barrios”, conclúe o candidato popular.

De feito, Jesús Vázquez sinala que no seu programa electoral contempla a creación dunha ruta que percorra o perímetro rural do Concello de Ourense, coa recuperación dos camiños e desenvolvendo ao mesmo tempo labores de prevención do lume.