2.577 persoas participaron en 107 accións formativas, sendo o inglés, as técnicas de relaxación, os programas de deseño e o baile, as de maior demanda.

 

O programa da Concellería de Educación “Universidade Popular” bate, un ano máis, o seu récord de participación, coa inscrición de 2.577 ourensans e ourensás, e a preinscrición de 3.123, nun total de 107 actividades formativas.

Os cursos máis demandados este ano foron o de inglés básico, seguido do de ritmos latinos, zumba, Photoshop, pilates, micoloxía, ou restauración de mobles.

Todos os alumnos e alumnas recibirán o seu diploma acreditativo o vindeiro 11 de xuño no Auditorio Municipal no acto de peche do programa da Concellería de Educación do Concello, que tras 20 anos de funcionamento, segue a proporcionar unha oferta formativa sólida, ampla e de calidade para aqueles maiores de 16 anos interesados ou interesadas en aprender cousas novas e mellorar os seus coñecementos.