O Partido Popular de Verín centrará os seus esforzos en «garantir que os nosos veciños e veciñas poidan dispoñer duns salarios dignos que lles permitan gozar dunha óptima calidade de vida».

 

Por este motivo, nos últimos catro anos o grupo do Partido Popular de Verín puxo en funcionamento diversas medidas destinadas a potenciar a instalación de novas empresas tanto no centro histórico da vila como nos parque empresariais. Entre as mesmas atópanse a bonificacións de ata o 95% no ICIO, e axudas para a instalación en parques empresariais.

Desde o Concello de Verín tamén asesoraron a todas aquelas persoas interesadas en abrir un negocio, atendéronse un total 1.170 consultas, titorizando a 233 emprendendedores e axudando cos trámites de alta de 46 novas empresas. E realizaron realización diferentes programas formativos que permitiron crear 250 postos de traballo

Novas propostas

O Partido Popular propón para os vindeiros catro anos varias iniciativas formativas e de creación de emprego, entre as que se atopan a concesión de axudas a fondo perdido para emprendedores, para a compra de parcelas nos parques empresariais e para a onstrución e reforma de locais e naves.

O PP tamén propón crear espazos de emprendemento e innovación para acoller oficinas de proxectos emprendedores, a promoción de  proxectos da economía social (cooperativas) e empresas innovadoras, a organización dunha feira do emprego en Verín, a creación dun programa de prácticas empresariais no territorio da Eurocidade e dunha bolsa de oportunidades de emprego, a atención especial á xuventude desempregada, e a ampliación da oferta formativa de carácter universitario e de formación profesional na Eurocidade Chaves-Verín.

A formación no sector primario e en innovación, xestión e internacionalización de negocios, máis oferta de aprendizaxe de idiomas, e a realizaación de xornadas empresariais son outras das súas propostas.