Mitin do PSOE en Vilardevós

A praza Silvio Santiago acolleu un mitin do candidato socialista á alcaldía, Chelis Pérez, acompañado do resto da lista.

Nesta xuntanza cos veciños os socialistas de Vilardevós apelaron á necesidade de cambio no Concello “para recuperar o tempo perdido perante estes 4 anos”, aseguraron.

Chelis Pérez aposta por recuperar o espíritu de convivencia e xustiza social, para o que ve imprescindible escoitar aos veciños para afrontar as necesidades do Concello. “O PSOE quere prometer aquilo que poida cumprir”, asegurou. E entre as súas propostas atopouse a de recuperar as infraestruturas feitas, utilizalas para o pobo e para o asociacionismo; darlle utilidade ás vivendas sociais avandonadas; dotar ao concello de gardería pública; e por en valor a feira e os recursos agrogandeiros e forestais.

Ademais, en materia de emprego, os socialistas apostan por que o Concello “sente as bases para abrir camiño aos emprendedores, para conquerir emprego e fixación de poboación, co obxetivo primordial de que os mozos se queden en Vilardevós”, concluíu o cabeza de lista.