Na xuntanza abordaron a necesaria conexión do polígono coa A-52, un proxecto que está en redacción.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, mantivo este martes unha reunión con membros da Asociación de Empresarios de San Cibrao das Viñas. Durante a xuntanza, a conselleira e os empresarios abordaron a necesidade de impulsar a conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52, un proxecto en redacción.

Os asistente á reunión destacaron que este enclave representa un dos principais polos de actividade industrial do conxunto provincial e rexional, polo que esta conexión viaria mellorará a distribución de materias e mercadorías.