As charlas serán impartidas por profesionais da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR).

 

Allariz será a primeira localidade da provincia de Ourense na que terá lugar unha serie de charlas informativas programadas por FAGAL (Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias) e a Fundación Barrié, no marco do Programa Red Paraguas Alzheimer. Ao longo dos meses de maio e xuño esta acción formativa continuará por Viana do Bolo, Lobios, A Pobra de Trives, Castro Caldelas e Xinzo de Limia

As charlas programadas, impartidas pola psicóloga de AFAOR, Carmen Pérez, farán un percorrido polas causas que levan a sufrir a demencia, así como os síntomas iniciais que se mostran nas persoas afectadas, como a perda de memoria ou a desorientación. Asi mesmo, a evolución e as etapas da enfermidade tamén serán unha parte importante da actividade, xa que a charla está dirixida tanto a persoas que sofren os efectos de ter un familiar con alzhéimer como aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre esta enfermidade, que se estima que afecta en Galicia a unhas 96.000 persoas.

A primeira charla terá lugar en Allariz o próximo venres, 15 de maio, no Fogar dos Maiores a partir das 18.00 horas. O martes 19 tócalle o turno a Viana do Bolo, concretamente na Casa da Cultura ás 17:30h. A seguinte semana a charla trasládase á localidade de Lobios, o dia 29 ás 17:00h no Edificio Multiusos. Xa no mes de xuño, o martes dia 2 a actividade levarase a cabo na Pobra de Trives, a partir das 17h no Edificio Anexo ao Concello. Unha semana despois, o Castelo de Castro Caldelas será o emprazamento dunha nova charla neste concello, ás 18h. E este percorrido por terras ourensanas remata o dia 12 de xuño no Concello de Xinzo de Limia, máis concretamente no Salón de Plenos do Concello a partir das 17h. Todas estas charlas son abertas ao público e sen inscripción previa.