O goberno popular non rematou a obra “por falta de fondos”, mentras, segundo os nacionalistas, inviste 25.000 euros nunha festa celebrada no Castelo de Monterrei.

O BNG de Monterrei, a traves do seu portavoz no concello, Alberto Rodríguez , tralas criticas recibidas polos veciños de Vences e Estevesiños, vén de denunciar que fai uns meses o grupo de goberno do PP de Monterrei realizou o asfaltado parcial dunha pista de concentración parcelaria, limítrofe co concello de Castrelo do Val, “deixándoa inacabada por falta de fondos”, explican os nacionalistas.

Por iso, dende o BNG solicitanque sexa rematada dita obra e consideran un “agravio” que mentres esta infraestrutura imprescindible para os veciños se atopa a medias “se malgasten os cartos públicos en festas como a que celebraron fai uns días no Castelo de Monterrei cun custo aproximado de 25.000 euros”, conclúen.