Entre estas propostas atópase a redución do IBI e do Imposto Municipal de Plusvalías.

 

Xosé Mosquera, Xosé Manuel Pérez Bouza e Cesar Ansias veñen de reunirse coa directiva do colexio de economistas para coñecer a eficiencia das medidas programáticas de Compromiso por Galicia no tocante a revitalización económica, así como para escoitar novas propostas feitas polos profesionais.

Tras esta xuntanza, ambos colecitivos coincidiron na prioridade que supón a aprobación do PXOM para darlle seguridade os investimentos e o pulo económico da cidade; na importancia do termalismo e o río Miño como apostas da promoción económica; e da posta en marcha do transporte metropolitano, que posibilite a creación de chan industrial que permita o asentamento de novos proxectos empresariais.

Así mesmo, o Colexio de Economistas apoiou as medidas fiscais propostas por CxG, como son a redución do 10% do IBI, do 15% o Imposto Municipal de Plusvalías (elevando esa redución ata o 50% no caso de sucesións entre pais e fillos na primeira vivenda) e do 50% do IBI a propietarios comerciais que repercutan nos inquilinos unha redución na renda de alugueiro dun 15% mensual.