Así mesmo, os populares traballando para a instalación dun Centro de Cooperación Policial e Aduaneiro en Feces de Abaixo.

 

Para o Partido Popular de Verín o máis importante “é a seguridade e benestar de todos os cidadáns do municipio e de aquelas persoas que nos visiten”, aseguran.

Por iso, nos últimos anos foron moitas as actuacións realizadas para incrementar os niveis de seguridade do municipio. Entre as que se atopan a aprobación da Ordenanza de Civismo (destinada a erradicar o vandalismo), a transformación do Posto Ordinario da Garda Civil en Posto Principal (o que permitiu a creación de tres novas áreas: prevención da delincuencia, atención ao cidadán e investigación. Esta última permitiu incrementar o plantel de axentes), creación de dúas novas prazas de Policía Local, convenio de colaboración coa asociación de voluntarios de Protección Civil de Verín, realización de plans de emerxencia nos actos de maior afluencia de público (como o Entroido), designación de axentes nas zonas escolares, e a organizacón da Semana da Eduación e Seguridade Viaria.

No futuro, ademais de continuar con estas iniciativa, o PP de Verín aposta por un novo incremento das prazas de Policía Local, creación dun Centro de Cooperación Policial e Aduaneiro en Feces de Abaixo, e dotación dun novo sistema de comunicación dixital para a Policía Local, así como un vehículo todo terreo de emerxencias para Protección Civil.