Nos preto de 1.200 días que leva de mandato, o endebedamento da facenda provincial se reduxo do 116% ao 34%.

 

 

Unha xestión económica eficiente da Deputación Provincial de Ourense será un dos piares do goberno que plantexa o candidato popular á presidencia desta administración, Manuel Baltar.

Deste xeito, Baltar Blanco anuncia que acadará a débeda cero na Deputación en maio de 2019, ao final do mandato que se iniciará tras os comicios do vindeiro 24 de maio.

Manuel Baltar recalca que nestes 1.191 días de mandato, o endebedamento da facenda provincial se reduxo do 116% ao 34%. Ademáis, comprométese a que a Deputación de Ourense aprobará os seus orzamentos de 2016 en setembro de 2015, tratándose así da administración pública que o fai con maior anticipación.

«Previsión, planificación, xestión ordenada, reducción de débeda, maiores orzamentos e servizos de calidade compoñen a oferta popular para o goberno provincial», resume Manuel Baltar, quen lembra que continúa á espera de coñecer aos candidatos ou candidatas doutras formacións políticas á presidencia da Deputación de Ourense, «co fin de falar de propostas para a provincia e do seu goberno».