Será un órgano de deseño e seguimento das políticas provinciais caracterizado pola participación e a transparencia.

 O candidato do PP á presidencia da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, presentou na sede de Aixiña o seu programa electoral aos colectivos sociais da provincia.

Anunciou Baltar que en outubro constituirase o consello provincial de Servizos Sociais, un órgano pioneiro en Galicia de deseño e seguimento das políticas provinciais, caracterizado pola participación e a transparencia.

Neste senso, o candidato popular provincial manifestou que a Deputación de Ourense é o goberno provincial galego que máis recursos destinou a políticas sociais. Manuel Baltar tamén explicou que o programa BenOurense «garante o mantemento na provincia dos servizos sociais dos concellos da provincia».

«O goberno provincial é un aliado dos cidadáns e das administracións locais de Ourense», proclamou Manuel Baltar, quen desgranou diversas accións específicas no ámbito social incluidas no seu programa electoral: dende o apoio á natalidade ata un programa termal para os coidadores de persoas dependentes. «O goberno provincial está ao carón dos ourensáns que máis o necesiten. Poremos en marcha un fondo de solidariedade que atenda a situacións de extrema gravidade», puntualizou o candidato popular.

Os representantes das organizacións que asistiron ao encontro (Aixiña, Cruz Bermella, Hemofilia, Afaor, Fibromialxia, Morea e Renacer) valoraron positivamente o traballo, a disposicón e a participación ofrecida polo candidato.