Os nacionalistas apuntan a utilizar o trazado urbano do ferrocarril para crear esta infraestrutura que complementaría a oferta de transporte público en Ourense.

 

Tomada xa a decisión de que o AVE entrará na cidade de Ourense pola variante exterior, o BNG-Asembleas Abertas propón que se aproveite o trazado urbano do ferrocarril para pór en marcha un metro de superficie que conecte a cidade de norte a sur e tamén cos polígonos industriais.

Apuntaba a candidata Susana García que este metro de superficie permitiría a reducción do tráfico na cidade o que posibilitaría o incremento de zonas peonís. Ao haber menos tránsito rodado disminuiría a polución e o ruído o que permitiría avanzar no Plan de Mobilidade Sustentábel que as-os nacionalistas queren impulsar en Ourense achegándonos así ao modelo urbano de Pontevedra, exemplo no mundo dunha cidade pensada para as personas.

Este metro de superficie sería un complemento do transporte público que queremos promocionar para cohesionar os barrios, as dotacións culturais e deportivas, as zonas industriais e os concellos limítrofes coa aposta decidida polo transporte metropolitano.