Un todoterreo tipo pick up que será destinado a emerxencias e utilizado pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín.

 

Esta adxudicación de equipamentos de emerxencias foi concedida pola Vicepresidencia da Xunta no marco da liña de axudas a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

Este novo vehículo todoterreo está destinado a satisfacer un servizo voluntario de Protección Civil co obxecto de garantir a coordinación preventiva e operativa da protección das persoas e bens diante dos posibles danos derivados de situacións de emerxencia, grave risco, catástrofe ou calamidade pública, sen esquecer as emerxencias menores, mediante a posta en marcha de distintos mecanismos que permitan evitar estas situacións, reducir os seus efectos, reparar danos e, no seu caso, contribuír a corrixir as causas produtoras das mesmas.

Curso básico de Protección Civil
Ao longo deste fin de semana e o próximo, terá lugar na Casa da Xuventude de Verín un Curso Básico de Protección Civil para novos voluntarios das agrupacións de Verín, Vilardevós e Laza. Un total de 25 persoas recibirán formación básica en lexislacion de emerxencias, comunicacións en emerxencias, incendios e primeiro auxilios. O devandito curso tamén inclúe formación práctica de loita contra incendios forestais e urbanos, que se realizarán no Parque comarcal de Bombeiros de Verín.

Trátase dun curso obrigatorio para toda aquela persoa que queira ser voluntario nunha agrupación de Protección Civil e realízanse dúas veces ao ano.