O que está na actualidade ten que atender a preto de 2.000 persoas.

 

O candidato socialista á alcaldía de A Peroxa, Antonio González Fiuza, presentou na Delegación de Sanidade de Ourense un escrito con 592 sinaturas de veciños deste concello para demandar a restitución dun médico no centro de saúde.

Neste acto de protesta, o candidato socialista estivo acompañado polas deputadas autonómicas María Quintas e Mari Carmen Acuña, que expresaron a súa solidaridade cos veciños de A Peroxa que contan só cun médico para atender a case 2.000 veciños que ten o concello.

Esta situación supón unha auténtica aldraxe para as persoas que teñen que acudir ao Centro de Saúde de A Peroxa, e amosa o grao de desprezo pola cidadanía do PP e do propio alcalde, que no último pleno municipal chegou a dicir que se era reelexido conseguiría a restitución do médico.

Para Antonio González isto “é unha proba máis da desfachatez deste alcalde, que consentiu que a Xunta deixase o centro de saúde cun só médico, e agora promete recuperalo se sae reelexido”.

A candidatura socialista neste concello apoiou a recollida de sinaturas, que se levou a cabo por unha iniciativa popular, tras a indignación pola perda do médico, e que pon de manifesto a recorte brutal dos dereitos dos veciños que viven no medio rural e que, neste caso, atinxen a un servizo público esencial como é a sanidade.