Este sábado 16 de maio o trazo da antiga vía do tren no barrio da Ponte acollerá un paseo apto para todos os ourensáns.

 

A Asociación Vía Vella de Ponte Canedo organiza este sábado 16 de maio un paseo polo tramo no que discurría a vía do tren antes da Estación Empalme. A actividade dará comezo á 11 desde o parque da Ponte e terá unha duración aproximada de hora e media; e a mesma é aptar para realizar ourensáns de todas as idades, xa que dende a organización busca que sexa unha paseo agradable.

Os interesados en obter máis información poden dirixirse ao enderezo electrónico viavelladepontecanedo@gmail.com.