A Concellería de Cultura de Ourense patrocina as actividades correspondentes ás Letras Galegas 2015 que organiza a Asociación Procentenario Nós.

 

Os actos programados, concéntranse na fin de semana, e terán ao Auditorio, o Claustro de San Francisco e o Liceo como principais protagonistas.

O venres destaca a actuación da Capela Madrigalista xunto coa Banda Municipal de Ourense no Auditorio Municipal, que terá lugar o venres ás 20.30 h, e o posterior encontro poético Malditos das Letras, no Claustro de San Francisco a partir das 21.30 h, presentado por Uxío Novoneyra.

O sábado a Praza de San Martiño acollerá a actuación teatral de «A caixa de música», de Viravolta teatro, ás 21.30 h.

Xa o domingo, propio día das Letras Galegas este ano dedicado a Xosé Filgueira Valverde, haberá as un acto ás 11.45 h na Praza de San Martiño para continuar cun concerto da Banda Municipal. Ás 13 h, a actividade trasládase ao Liceo, onde se celebrará o concerto Martín Codax de Lírica medieval galego – portuguesa. Pola tarde, ás 18 h, a rúa do Paseo acollerá unha actividade de circo, o Combinado de circo galego, Pistactiva, para rematar ás 21.30 h co concerto de 2 na fronteira, onde a carpa dos libreiros no primeiro tramo da rúa do Paseo (delegación defensa).

Na presentación estiveron representantes da asociación A Bela Auria, a Fundación Uxío Novoneyra organizadores das actividades. Xunto a eles, tamén asistiron, a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e Chema Faílde, responsable de planificación do Campus de Ourense.