O Club Ourense Baloncesto ten tres partidos para lograr unha vitoria e chegar á última rolda do playoff de ascenso á ACB.

O primeiro dos encontros terá lugar este venres no Barris Nord de Lleida a partir das 21 horas. Se o COB ten tres oportunidades para  entrar na final, o Lleida está na corda frouxa; de perder este partido diría adeus á competición.

O técnico do Club Ourense Baloncesto, Gonzalo García de Vitoria, vai cos seus homes a terras catalanas na busca do pase á final, pero é consciente da dificultade que será sair á cancha do rival con miles de afeccionados empuxando aos seus.

Como o propio García de Vitoria dixo, tentarán frear o primeiro cuarto do Lleida, no que apretan para sacar unha renta favorable importante.

Frear o tiro exterior
Outras das premisas que quere inculcar aos seus xogodares o técnico cobista e buscar un porcentaxe de acerto no tiro de tres, nos homes de Joaquín Prado, moi por debaixo dos dous primeiros encontros; algo que fixo dano nos encontros no Pazo. Nesta faceta Luke Fahlig foi o xogador máis acertado do seu equipo, con 5 triplas no último partido.

Cuarto partido
En caso de necesitar un cuarto partido a serie sería dous días máis tarde, o domingo ás 17 horas. Se igualara a eliminatoria no Barris Nord os cataláns decidiríase a serie o martes 19 de maio no Paco Paz.