A Supercopa da Terceira Autonómica enfronta ao campión do grupo 12 -Raio Alaricano- co campión do 13 -UD Ourense- para coñecer ao mellor equipo da categoría.

O encontro terá lugar este sábado ás 18 horas no estadio do Couto. Os socios de ambos os dous equipos poderán acceder ao estadio, para presenciar o encontro, de balde. Desde o club alaricano van a poñer a disposición dos afeccionado un autobús para ir ata Ourense a ver o partido; o bus sairá desde a estación de autobuses de Allariz ás 17 horas.

Desde as dúas directivas contan con que haxa unha gran afluencia de público. Entre os socios e abonados dos dous clubs. Ademais, ao ser as festas do barrio do Couto cren que acudirá máis xente.

Desde a Federación deron todas as facilidades para que este encontro, que é a primeira vez que se disputa, teña caracter oficial. A idea da Supercopa a puxeron sobre a mesa ambas directivas. Conforme pasaba a tempada e víase a posibilidade de que tanto UDO e R. Alaricano ían ser campións dos seus respectivos grupos acordaron contemplar esta campetición.

Camisetas conmemorativas
A directiva da UD Ourense pon á venda unha camiseta conmemorativa. A camiseta, co escudo da UDO e o CD Ourense, conmemora o pleno de vitorias deste ano da Unión e homenaxea ao pleno de vitorias do CD Ourense da 67/68. O prezo é de 5 euros e estará a venda desde hoxe nas oficinas do estadio de 17 a 21 horas e durante o encontro.

Sorteos
Durante o encontro realizaranse tres sorteos. As rifas estarán a un euro e valerán para os tres sorteos. O primeiro é o primeiro equipamento do Raio Alaricano, un xamón e un CD dun colaborador do club e amigo que o doou. O segundo sorteo será o segundo equipamento do Raio Alaricano, un pack de produtos da UD Ourense que inclúe cervexa, llavero, póster e bufanda, e un pack dun dos patrocinadores do Raio Alaricano, Castañas Petelo, cunha bica de castaña, un paquete de fariña de castaña e un paquete de castaña pilonga. E o terceiro será o sorteo dunha camiseta da UD Ourense e unha noite de hotel con circuíto de spa para dúas persoas no hotel AC Vila de Allariz.