Manuel Pousada

Manuel Pousada é o candidato de Son de Verín. Procede do movemento asociativo e agora dá o paso á política.

Que é Son de Verín?
M.P.: “É un partido instrumental que crearon Esquerda Unida e Anova e que nós, xente próxima a Podemos, aproveitamos para poder presentarnos en Verín”.

Que problemas ten Verín?
M.P.: “Temos unha poboación envellecida, cada día pechan máis comercios e o casco vello está caíndo a anaquiños. Hai que aproveitar os nosos potenciais: a auga, un val precioso cun microclima que produce de todo… Hai que pegarlle un empurrón ás empresas que se monten, e profesionalizar os sectores”.

Pactaría para gobernar?
M.P.: “Non, só apoiaríamos en momentos puntuais, e consultaríamos á xente, pois o noso lema é ‘A xente é o primeiro’”.

Como convencería de que o votasen?
M.P.: “En Son de Verín estamos para axudar, e saquemos os votos que saquemos, imos estar na rúa vendo o que precisa a xente”.