Antonio Hernando no Carballiño

O portavoz socialista no Congreso estivo no Carballiño apoiando a candidatura de Paco Fumega.

Antonio Hernando puxo en valor as políticas de progreso e a defensa dos servizos sociais e os servizos públicos, en contraposición aos recortes do PP.

Hernando estivo este luns no Carballiño para apoiar ao candidato socialista á alcaldía, Paco Fumega, e intervir nun acto sectorial con maiores. 

Acompañado por Paco Fumega e os integrantes da candidatura socialista, Hernando participou no reparto electoral na Praza Maior da vila, antes de trasladarse ao Hotel Arenteiro, onde se reuniu coas persoas maiores que encheron a sala.

Ao remate, o portavoz do PSOE no Congreso reuniuse cos alcaldes e candidatos ás alcaldías da comarca do Carballiño.

A estes actos tamén asistiron o secretario provincial, Raúl Fernández, a deputada autonómica, María Quintas e a deputada nacional, Laura Seara.