Elvira Lama

Entrevista a Elvira Lama, candidata do PSOE en Xinzo.

 

Elvira Lama, candidata socialista á alcaldía de Xinzo, contesta ao noso cuestionario remarcando a necesidade de cambio que ten a localidade.

Como definiría a situación actual do Concello de Xinzo?
Elvira Lama: “De parálise total, e quebra técnica, un Concello cunha debeda galopante, con orzamentos prorrogados, un Concello empobrecido, que só ten o 5% do orzamento para investimento público”.

Cal é o principal problema que teñen os veciños de Xinzo e como pensa vostede e o seu partido que poden solucionalo?
E.L.: “A falta de emprego, e a desidia do grupo de goberno fan que moita xente teña que marchar, os sectores agrogandeiros e de servizos estean en caída libre, o peche de negocios fai que Xinzo estea morrendo. Hai unha suba espectacular dos impostos que non se corresponde cos servizos recibidos. Solucións que propoñemos: a conxelación e baixada de impostos, bonificacións fiscais para emprendedores e autóomos, que se intalen en Xinzo. Contratos homologados con prezo xusto para produtos agrogandeiros. Posta en marcha de regadíos pendentes na comunidades de regantes”.

Que propostas de dinamización económica teñen para a localidade?
E.L: “O Plan Emprega Xinzo para colectivos de especial vulnerabilidade, familias con cargas, parados de longa duración e mozas e mozas de primeiro emprego; facilidades para novos emprendedores; espazos co-working de traballo compartido; un viveiro de empresas; un Centro Comercial Aberto, e unha rede empresarial transfronteiriza con Portugal”.

Algunha infraestrutura que poría en marcha de chegar ao goberno?
E.L.: “Un xeriatrico de xestión pública, a ampliación das prazas da escola infantil con bases axustadas, para pais e nais traballadoras, o acondicionamento das avenidas de entrada a Xinzo, o acondicionamento de accesos nos pobos, rúas e beirarrúas, un control exhaustivo de residuos e dos seus vertidos, a mellora dos espazos de ocio, un Plan do Patrimonio histórico para uso e disfrute, Mosteiro de Trandeiras, entre outras”.

Como definiría a candidatura que presenta o Partido Socialista en Xinzo?
E.L.: “Unha candidatura nova, renovada, de xente moi formada, valente e con ganas de traballar por e para os veciños de Xinzo”.

Pactaría con algún outro partido dos que se presentan para gobernar?
E.L.: “Depende do resultado das votacións, nós imos para gañar, pero se fora necesario estudaríase o caso, e só con formacións que teñan proxectos moi parecidos aos nosos”.

A un veciño de Xinzo, como o convencería de que o votase este 24 de maio?
E.L.: “Cunha frase moi sinxela, se durante istes catro anos lles ten ido mellor ou pensan que Xinzo e os pobos está mellor, que lle voten aos que xa gobernan. Se non é así pídolles que lle dean unha oportunidade ao cambio, e unha oportunidade a Xinzo. A que se merece. Eu e máis o meu equipo vimos á política a servir, non por interese nin por conveniencia”.