O fomento do emprego e a cultura emprendedora serán prioridades irrenunciables na xestión municipal dos populares.

 

Potenciar a cultura emprendedora, sentar as bases para a creación de emprego na cidade e convertir a este obxectivo nun dos eixos fundamentais da acción de goberno municipal. Esta é unha das grandes propostas da candidatura do Partido Popular liderada por Jesús Vázquez, quen matiza que «os 10.326 desempregados que ten a cidade de Ourense son a nosa prioridade».

Así, será o fomento do emprego o eixo transversal de todas as líñas de actuación do goberno liderado por Jesús Vázquez. «O Concello de Ourense erá unha referencia e un apoio fundamental para a formación e a empregabilidade». Para iso, os populares porán en marcha un Plan de Emprego anual, con dotación orzamentaria -para que a súa execución poida ser efectiva e viable-, en convenio coa Xunta de Galicia.

No marco deste Plan de Emprego disporanse accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade por parte das persoas desempregadas nos ámbitos que demanden as empresas locais a efectos de acadar a súa inserción laboral. Posibilitarase tamén a Formación Profesional Dual en dependencias e servizos municipais. Se promoverán tamén obradoiros de emprego dirixidos aos desempregados mozos ou aos sectores máis vulnerables, procurando a mellora da súa empregabilidade.

A promoción da primeira experiencia laboral dos mozos tamén será un dos aspectos do Plan de Emprego, a través de contratos de formación e aprendizaxe cos menores de trinta anos para facilitarlles a súa primeira experiencia laboral. Tamén se porán en marcha programas integrados de emprego mediante a colaboración entre o Concello e as empresas para levar a cabo a inserción laboral dos desempregados.

Os populares tamén garantirán a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade. Impulsarán tamén medidas de apoio para as mulleres desempregadas, con especial atención a aquelas que se atopen en situación de vulnerabilidade.

E no tocante ao Plan de Emprego Municipal haberá actuacións concretas dirixidas á xeración de emprego xuvenil, como por exemplo o Programa Municipal de Orientación e Inserción Laboral dos Xoves, “Non te pares”, que aposte polo fomento do éxito escolar, a orientación laboral dos mozos e a información, asesoramento e promoción da cultura emprendedora, a través de actividades nos centros escolares e en colaboración coas asociacións empresariais e sindicais.