O Concello de Allariz pon en marcha, un ano máis, o programa CONCILIA VERÁN, unha iniciativa de conciliación laboral e familiar.

O prazo para solicitar este programa estará aberto ata o 15 de xuño.

O Concilia Verán é unha iniciativa de atención á infancia dende unha perspectiva lúdica, que ofrece a pais e nais residentes en Allariz a posibilidade de que os seus fillos e fillas, de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, estean acompañados por técnicos e monitores de tempo libre durante a xornada, na que se desenvolverán actividades.

Este servizo está ubicado no Colexio Padre Feijóo, durante os meses de xullo e agosto, podendo ampliarse ao mes de setembro dependendo do número de demandas.

As persoas interesadas neste servizo poden pedir información ou presentar a solicitude, na Casa da Cultura, a través do teléfono 988 554 059.