Mitin Compromiso por Galicia

O secretario xeral de Compromiso por Galicia acompañou a Xosé Mosquera no mitin central de Compromiso, no Teatro Principal.

Xoán Bascuas afirmou en Ourense que a súa formación debe estar na nova corporación ourensá que saia do resultado electoral do vindeiro domingo, porque “é a garantía de que o sentidiño entre no Concello”.

Bascuas pediu un esforzo final aos militantes e simpatizantes de Compromiso “para facer chegar esta mensaxe á veciñanza indecisa, que está farta de corrupcións e mentiras”. O líder galeguista animou aos seus a “non ir sos a votar”, e levar consigo a parte desta grande cantidade de persoas que, segundo as enquisas, aínda non se senten convencidos por ningún partido.

Deben coñecer, insistiu, que “Compromiso é un partido con solvencia ideolóxica, que nada ten que ver con movementos de última hora e, sobre todo, que comparece en solitario en estas eleccións en Ourense porque, por riba de todo, non aceptamos que o fin xustifique calquera medio e menos aínda que a política poida facer estraños compañeiros de cama”.

“Temos un candidato dos mellores valorados”, engadiu, “e unha proposta definida para Ourense e para Galicia, dous bens escasos nestas eleccións”. Por iso “é preciso que esteamos no Concello e por iso temos que traballar duro nestes últimos días para conseguilo”.