O BNG considera «intolerables» os ataques machistas á candidata a alcaldía de Ourense, Susana García, por parte do candidato de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome.

 

No transcurso dun debate en televisión no que participaban Susana García, Jesús Vázquez, José Ángel Vázquez Barquero e Gonzalo Pérez Jácome, este último espetáballe a García, tras cualificala de «mosquita muerta» e «mala persoa»: «que pasaría se dixera que esta persoa traballou cinco anos nunha barra americana como prostituta?”.

“Non é un insulto a Susana García candidata do BNG, é un insulto a todas a mulleres que estamos en política e ao conxunto das mulleres, e queremos facer un chamamento a toda a cidadanía de Ourense para que reflexione se unha persoa que exerce a violencia machista insultando as mulleres pode ter representación no Concello de Ourense”, alegaba a candidata.

García fixo un chamamento aos candidatos do PP e do PSOE para que “expresen a súa condena” ante estes insultos machistas e pregunta a Jesús Vázquez “se estaría disposto a chegar ao goberno pactando con Democracia Ourensana, cun candidato que practica a violencia machista».

“Queremos pedirlle ás mulleres de Ourense, pero tamén aos homes, que non voten a unha persoa que nos insulta a todas. Non BNG non o imos permitir e seguiremos loitando pola igualdade”, subliñou Susana García.