A Unión Deportiva Ourense caeu aos penaltis contra o Arnoia na semifinal da Copa Deputación B.

Os homes de Antonio Dacosta tiñan que remontar o 1-0 do partido de ida. A cousa parecía que poñíase de cara cando nunha internada de Adolfo á área, este foi derribado por un rival. O penalti o lanzaría Ramón Dacosta, pero fallaría. Acto seguido, Roberto Dacosta sería expulsado por unha entrada. A que parecía cara transformouse en cruz aos poucos segundo.

A pesar do fallo desde os 11 metros e da expulsión, os capitalinos tentaron por todos os medios darlle a volta ao marcador. E foi na segunda metade cando Julio Salgado -desde o punto de penalti- lograba o 1-0 o que empataba a eliminatoria.

Así remataría o encontro o que faría que se resolvera a eliminatoria na tanda de penaltis. Nesta foi máis certero o Arnoia o que supuxo que quedara apeado a UD da ansiada final.

Tempada brillante
Este foi o derradeiro encontro da UD Ourense durante esta tempada. En menos dun ano de historia foron capaces de lograr o título de Liga na 3ª Autonómica con pleno de vitorias.

Tamén lograron a Supercopa ao vencer ao outro campión de Terceira (grupo 12), o Rayo Alaricano.