Dr. Lorente, oftalmólogo

José Ramón Lorente Moore foi distinguido con este galardón no marco da 30ª edición do congreso nacional da Sociedade Española de Cirurxía Ocular Implanto Refractiva (SECOIR) celebrado nas Palmas de Gran Canaria.

 

O Premio Nacional Menezo-Quintana foi instaurado fai tres anos en homenaxe e recoñecemento aos fundadores da Sociedade Española de Cirurxía Ocular Implanto Refractiva, ten como obxectivo distinguir a traxectoria e a excelencia profesional daqueles especialistas que se teñan distinguido profesionalmente no eido das cataratas, na implantación de lentes intraoculares e no tratamento da córnea.

Este profesional ourensán é, na actualidade, o vicepresidente tanto da Sociedade Galega de Oftalmoloxía e como da SECOIR, ademais de membro honorífico do Instituto Barraquer e avaliador habitual de revistas científicas, polo que novo galardón engádese a súa extensa relación de premios e distincións nacionais e internacionais no campo da oftalmoloxía.