O Sala Ourense Prolsport ten que darlle a volta ao marcador no partido de volta para o ascenso a Terceira División.

Sala Ourense e Riazor xóganse unha praza na Terceira División do fútbol sala para a vindeira tempada.

No partido de ida disputado en terras coruñesas os ourensáns comezaron con adiantándose cos goles de Allariz e Tizón (0-2).

Na segunda metade Fente facía o 0-3 e deixaba encarrilada a eliminatoria. Cando todo parecía decidido, os herculinos souperon reaccionar e darlle a volta ao electrónico. Dous goles locais fixeron recurtar distancias pero Sousa volvía a poñer terra de por medio.

En tres minutos nefastos o Riazor deulle a volta á eliminatoria con tres goles (5-4). Con sete minutos por disputar, os ourensáns non quixeron arriscar pensando máis no partido de volta, polo que o resultado non se movería.

Volta
O partido de volta disputarase este sábado 30 de maio na cancha central dos Remedios ás 20 horas.