Terán lugar o 31 de maio no Auditorio Municipal de Ourense.

A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia, coa colaboración do Concello de Ourense, organiza este domingo 31 de maio as “XXIV Xornadas de exaltación das letras e a música de Galicia”, con diversas actuacións de música tradicional dende as 19.30 horas no Auditorio Municipal.

Entre as actuacións atoparanse a da Banda de Música de Barbadás; música e movemento; grupos de pandeireta e canto infantil; o grupo de cantareiras “Zoadeira”; o de cantos de taberna “Cuncas de son” e diversas bandas infantís de música.

Os interados en acudir a esta cita, que ten entrada de balde, poden retirar a súa invitación dende unha hora antes do concerto na billeteira do Auditorio.