Unha vez rematada a tempada para a UD Ourense agora toca facer renovación nunha plantilla que buscará o ascenso.

A UD busca ascender cada ano nestes primeiros pasos da entidada. Para elo a renovación de parte da plantilla é obrigada e por iso o club comeza a mover ficha.

Se primeiro foron os xogadores do Pabellón xuvenil Jorge, Marcos e Julio, agora tocou o turno a Samuel Vázquez. O porteiro que militou esta tempada no Barbantes recalou no conxunto unionista da man dos ex xogadores de CD Ourense. Vázquez chega co firme propósito de lograr o ascenso a Primeira Autonómica.

Para o cancerbeiro a motivación é máxima. «Xogar con estes xogadores, cons que algún xa compartín vestiario é un alicente». Ademais é coñecedor da masa social que move o club. «Todos os xogadores destas categorías sabemos a cantidade de afeccionados que move a UD en cada partido».

Samuel Vázquez apuntaba un terceiro estímulo. «Xogar cada 15 días no Couto é algo incrible».

O porteiro é consciente da obligatoriedade do ascenso nunha categoría moi complicada. Considera que a motivación de vestir esa camiseta o traballo farase con máis ilusión.

Máis fichaxes
Para a semana que vén A Unión presentará outra incorporación máis. Tratarase do xogador do Covadonga Cristian Dacosta. E posiblemente outra incorporación será a do xogador do Celanova, José Luis Rodríguez.