Do 30 de maio ao 7 de xuño Allariz acolle unha nova edición da súa tradicional Festa do Boi.

A Asociación Cultural Xan de Arzúa, xunto co Concello de Allariz, organizan unha nova edición da Festa do Boi que este ano desenvolverase entre o 30 de maio e o 7 de xuño.

A programación combinará, como é habitual, as carreiras (ás 8 da mañá e 9 da noite, aproximadamente) dos bois de raza limiá criados nos montes de Penamá coas recreacións históricas.

Entre as novidades deste ano destaca a nova imaxe da festa deseñada pola firma Rei Zentolo que se pode ver nos carteis e o merchandising, o roteiro polo Casa Histórico (luns 1 de xuño ás 18 h) ou a incorporación de novos gremios.

Así mesmo, no programa de 2015 atopamos unhacomida campestre en San Salvador (sábado 30 ás 14 h), camiñata con bois até Paicordeiro acompañados por gaiteros (30 de maio ás 17 h), recreación do Trato do Boi en Paicordeiro (30 de maio ás 18 h), procesión medieval de Xan de Arzúa e teatralización do orixe da festa (domingo 31 ás 12 h), carreira e comida medieval (domingo 31 desde as 14 h), concursos de Trobadores e Sobremesas (domingo 31 ás 16.30 h), espectáculo de monicreques (mércores 3 ás 18 h), carreiras infantiles e moito máis.

A animación correrá a cargo da Batucada Axóuxere, os Festicultores Troupe, Tánghete e Treboada dos Zés Pereiras, a orquestra Ledicia, o grupo América, as charangas Fuego, Apeles eSugarri, y o grupo Futuro. 

Consulta a programación completa en www.festadoboi.gal.