Correo electrónico, retoque fotográfico ou mecanografía serán os temas centrais dalgúns dos mesmos.

 

Durante o mes de xuño, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará sete accións formativas para os usuarios interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.

Os cursos que terán lugar son: Internet, correo electrónico, Hangouts, retoque fotográfico, ferramentas para os móbiles (App), ‘A cámara, conceptos básicos e como pasar as fotos ao ordenador’ e mecanografía. Os mesmos serven de continuación aos realizados nos últimos meses que foron de Renda 2014. Administración electrónica, redes sociais, folla de cálculo, iniciación á informática, presentacións gráficas en Libre Office Impress, ferramentas na nube, iniciación á informática, Internet, administración electrónica ou preparación CODIX .

Kero-Informática
Ademais, e en colaboración coa Escola de Familia Municipal, tamén se desenvolverá o proxecto infantil ‘Kero-Informátika’, destinado a nenos de entre 4 e 10 anos, no que comezarán a familiarizarse cos recursos educativos que ofrece o mundo virtual. Cos participante formaranse tres grupos que terán clases os martes de 16.45 a 17.30 horas, de 17.30 a 18.15 e de 18.15 a 19 horas; mentres que para os/as menores do “Kero-Kedar” e “Kero-Kedar +” serán o último mércores do mes de 17 a 19 horas.

Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos deben realizar a súa inscrición na Aula CeMIT de Verín (avenida de Portugal) ou na web da Rede CeMIT.